Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

jueves, 10 de febrero de 2011

OS FONDOS MUSEOGRÁFICOS

A tipoloxía de fondos custodiados polo museo é ampla e variada, debemos salientar as seguintes seccións: etnografía, fotografía, cerámica, e téxtil. Tampouco podemos esquecer os  arquivos orais e audiovisuais e un notable fondo documental.
Na formación das coleccións podemos distinguir dous momentos, un primeiro período que vai ata 1993, con dependencia do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, e un segundo, a partir daquela data, no que o museo funciona xa como institución autónoma e independente.
Antes de 1993 configurase a colección etnográfica, ingresando preferentemente obxectos procedentes do contexto rural, e seleccionandose aqueles anteriores á introdución dos medios de produción industrial.
Despois de 1993 vanse introdúcindo obxectos de máis diversas características. Ainda que continúa principalmente o interese polo mundo rural, incorporanse tamén obxectos procedentes do contexto urbán. Por outra banda, procúrase que a colección documente os cambios que tiveron lugar no ámbito rural galego a principios do século XX, especialmente no relacionado coa producción agrícola.
É preciso salientar que na derradeira década, correspondente aos anos do século XXI, o museo adquiríu unha inxente cantidade de imaxes fotográficas relativas a vida e historia da comarca do Ribeiro, e outras que documentan diferentes zonas de Galicia, acadando unha colección de extraordinaria categoría e interese etnográfico e histórico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario